
Dende Anova consideramos que o dereito das mulleres a decidir sobre os propios corpos é tan básico que nos parece un absurdo estar a discutilo na segunda década do século XXI.
Mais as ameazas a este dereito – aínda non conquerido – están aí, en forma de cambios lexislativos, anunciados por Gallardón, que nos levarían aos tempos do Franquismo en materia da interrupción voluntaria do embarazo. A pretensión do Ministro de Xustiza, avalada pola Conferencia Episcopal, levaríanos a un sistema de supostos, co cal as mulleres se verían obrigadas a alegar razóns para xustificar a decisión de interrumpiren o seu embarazo.

Nos nosos corpos non manda o PP!
“Defendamos o dereito das mulleres ao seu corpo e esixamos ao goberno que cumpra coa súa responsabilidade de garantir o aborto legal, seguro e accesible.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario