
A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a someter a medio millar de profesores e profesoras inscritos nas listas de contratación a unha insostible situación de precariedade pola que non saben cando van comezar a traballar, canto van a cobrar ou cando van a recibir o salario. Por todos isto, esixen a creación
dun corpo estable de profesorado e un proceso de contratación transparente e non como o actual que “regulase a dedo”.
O profesorado salientou así mesmo que “non é só un
problema laboral senón que atinxe a toda a sociedade xa que non se está a
ofrecer un servizo de calidade nin se está a cubrir coa demanda social que
teñen estes cursos”. O propio colectivo destacou a terrible organización
“contranormalizadora” que está a impulsar a Xunta de Galicia que ano tras ano
foi mermando a oferta ata chegar a ter unha soa convocatoria ao ano ao que se
suma unha mala distribución xeográfica e o reparto desigual xa que non se pode
cursar todos os niveis en todos os lugares. Os representantes do colectivo de
profesores sinalaron que na actualidade a Xunta está a investir 5 millóns de
euros fronte os 19 millóns de euros que investía fai 20 anos a Xunta
de Manuel
Fraga. Na rolda de prensa o portavoz da Mesa pola Normalización, Carlos Callón,
advertiu da gravidade da situación explicando que “o mínimo que se lle pide a
un goberno que quere normalizar a o galego e é medianamente serio é que dea
resposta á demanda da sociedade que quere aprender a linga”.
Desde Alternativa Galega de Esquerda denuncian a falla de
respecto da Xunta non só pola lingua do noso país coa que intentan acabar,
senón tamén polos dereitos laborais ao manter na precariedade máis absoluta a
estes traballadores e traballadoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario