10/2/13

anova – Irmandade Nacionalista comunica a súa asemblea local aberta de mañá




O grupo local de Anova-Irmandade Nacionalista de Vilagarcía de Arousa convida a todas aquelas persoas que así o desexen a participar na súa asemblea aberta que se vai celebrar mañá mércores no local social de Vilaxoán (situado nas instalacións do Club de Remo).  Dita asemblea comezará ás 20:30 horas e nela
abordaranse varios temas que preocupan a cidadanía de Vilagarcía e arredores: zona azul de pago, despidos de mariscadoras, problemática dos locais de ensaio, etc.

Esta formación quérese converter na voz da xente do común e para iso pensamos que a mellor maneira é que a cidadanía participe nas asembleas que celebramos periodicamente en Vilagarcía e no resto dos concellos. Neste sentido, Anova-Irmandande Nacionalista pretende que aumente a participación cidadá na política local con iniciativas coma esta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario